miércoles, 17 de noviembre de 2021
Como falamos anteriormente, o Planeta Terra apórtanos todo o que necesitamos para vivir e máis.
Nós, os seres humanos, tras avanzar e evolucionar, fomos utilizando muitos recursos e creando uns novos para poder mellorar o nosso día a día, ou iso é o que pensábamos...
POR QUÉ A TERRA ESTÁ A ENFERMAR?
A Terra danos campos para cultivar, e averiguamos que, para que a froita e os vexetais duren máis tempo e os bichiños non nolas coman, os pesticidas poden ser os nosos aliados. Pero, do que non fomos conscientes foi de que liberan grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, que son causantes directos da deterioración da capa de ozono e do cambio climático.
Ademais, a alta demanda de consumir estes productos e, de querer aumentar a industria (cárnica, textil...) conleva a querer ter máis superficies chairas, o que trae como consecuencia as grandes desforestacións. Calcúlase que cada ano desaparece unha extensión similar ao territorio de Panamá ou Portugal. Non só é talar árboles, senón que é derruir o hábitat de moitas especies animais e eliminar os pulmóns da Terra, pois as cantidades de gases que emitimos coas produccións, coa falta de árboles, non é posible a renovación de depuración do aire.
Por outra banda, as grandes produccións conlevan grandes cantidades de lixo e a explotación de combustibles fósiles... como o carbón, o petróleo ou o Gas Natural.
O PARAÍSO AZULComo xa sabedes, A Terra, tamén coñecida como o Planeta Azul, é o lugar onde habitamos. É o terceiro planeta do Sistema Solar (se comezamos a contar polo Sol), polo que podemos ubicalo entre Venus e Marte. Grazas ás investigacións dos nosos científicos e das nosas científicas, podemos determinar que, ata onde coñecemos, a Terra é o único planeta no que podemos atopar vida. Isto débese á existencia da calor que emana o Sol, da presenza do osíxeno da atmosfera e da auga, pois grazas a estas tres cousas podemos conseguir alimento, surxiron os hábitats, as especies... e un longo etcétera. Esta é unha das razóns polas que debemos cuidalo: deunos a vida e permítenos vivila. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
QUE É ISO DA PRODUCIÓN E DO CONSUMO?
-
O PARAÍSO AZUL Como xa sabedes, A Terra, tamén coñecida como o Planeta Azul, é o lugar onde habitamos. É o terceiro planeta do Sistema Solar...
-
Como falamos anteriormente, o Planeta Terra apórtanos todo o que necesitamos para vivir e máis. Nós, os seres humanos, tras avanzar e evolu...